Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manu Vallejo reforza o ataque racinguista

Manu Vallejo reforza o ataque racinguista

O gaditano chega libre despois de rescindir o seu contrato co Xirona

Na tempada pasada, estivo cedido no Zaragoza, co que marcou dous goles

G24.gal 20/08/2024 19:14

Chega un novo mago ao Rácing de Ferrol. Manu Vallejo chega á Malata para amosar todos os seus trucos e achegar calidade no último terzo do campo. O mediapunta gaditano chega despois de rescindir o seu contrato co Xirona, pero a última tempada xogou no Zaragoza. 

O xogador ten amplo coñecemento da Segunda División, categoría na que marcou 14 goles en 79 partidos. Os dous últimos foron na pasada tempada co Zaragoza, equipo ao que chegou cedido despois de non entrar nos plans de Míchel.

Coa liga xa comezada e cun punto dentro do peto, Manu Vallejo chega para encaixar as últimas pezas e achegar algo diferente no ataque dos ferroláns. O mediapunta terá a posibilidade de debutar xa no vindeiro partido, este sábado ante o Granada na Malata.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos