Cargando resultados...
Mañueco defende o pacto de goberno con Vox
Mañueco defende o pacto de goberno con Vox
Mañueco di que manterá a lei contra a violencia de xénero
G24.gal
11/04/2022 20:53
Alfonso Fernández Mañueco será investido presidente de Castela e León esta noite, cos votos do PP e de Vox, e as críticas xeneralizadas da oposición á entrada de Vox no Goberno. No seu discurso de investidura, Mañueco defendeu este pacto e pide que se xulgue o Goberno polos seus feitos e sen prexuízos.
Como referencias esenciais do programa de goberno, destacou que manterá a lei contra a violencia de xénero, anuncia unha nova lei de violencia intrafamiliar, e promete unha "auténtica revolución fiscal", que comezará coa baixada do IRPF.