Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mª José de Pazo: "Que suba todo o mundo a este tren da xustiza, que segue adiante"

Mª José de Pazo: "Que suba todo o mundo a este tren da xustiza, que segue adiante"

A voceira das familias das vítimas do Villa de Pitanxo insta a "avanzar e apoiar as familias e a xustiza"

G24.gal 18/02/2023 11:56 Última actualización 18/02/2023 16:59

Un ano e tres días despois do naufraxio do Villa de Pitanxo, a voceira dos familiares das vítimas, María José de Pazo, explicaba no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega que o importante é seguir adiante e confiar na xustiza.

"Non podemos volver ao verán do 2022, hai que avanzar e apoiar as familias e a xustiza".

De Pazo explicou tamén que, segundo lle explicaron, a previsión é que se baixe ao barco no verán deste ano, 2023.

Aínda que considera que o escenario vai mudar despois de ano e medio do naufraxio, María José de Pazo ten a esperanza de que se poidan atopar datos e probas que axuden a descubrir as causas do sinistro.

Ao longo de toda a semana houbo varios actos de homenaxe. Este venres, en Marín, onde se celebrou un funeral de aniversario e tamén se colocou unha placa memorial no paseo marítimo da vila para recordar os falecidos.

Hoxe sábado a cita é en Pontevedra, onde tamén se colocará outra placa en memoria das vítimas. Porase unha en cada un dos concellos aos que pertencían os mariñeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade