Marta Rovira afirma que ERC xa fala do referendo de independencia co PSOE
Marta Rovira afirma que ERC xa fala do referendo de independencia co PSOE
A secretaria xeral de Esquerra desvela que negocian semanalmente cos socialistas
O presidente do Senado, Pedro Rollán, alude a unha "modificación encuberta da Constitución" en relación coa amnistía
Unha das voces de referencia de Esquerra Republicana de Cataluña, Marta Rovira, asegura desde o exilio en Suíza que xa están a falar do referendo de independencia cos socialistas. Nunha entrevista que publica o rotativo El Periódico indica literalmente que negocian "cada semana co PSOE coa participación de mediadores internacionais".
"Estamos falando do referendo, xa estamos falando do referendo nesta segunda fase e non deixaremos de falar do referendo pase o que pase en Cataluña, porque nós sostemos o Goberno español como ERC, non como Govern de Cataluña", especifica Rovira.
Mentres, o presidente do Senado, Pedro Rollán, do PP, sinala no xornal ABC que a lei de amnistía pode entenderse como unha modificación encuberta da Constitución despois do informe dos letrados da cámara slta.
"O informe foi moi crítico, porque o que vén fixar é que vulnera mais de dez artigos da Constitución e que realmente todo parece indicar que é unha modificación encuberta da Constitución".
Rollán sostén que non estamos ante unha lei orgánica, senón ante un cambio constitucional que necesitaría unha maioría cualificada no Congreso e no Senado.