Matanzas do porco por toda Galicia aproveitando o frío e a ponte
Matanzas do porco por toda Galicia aproveitando o frío e a ponte
As familias rurais fan provisión de carne para todo o ano
O martes tocará facer os chourizos
Tres marráns de máis de cento cincuenta quilos sacrifica esta familia de Chantada para ter carne ao longo de todo o ano. A matanza é un traballo ancestral pero que vai incorporando novas tecnoloxías a medida que diminúe o número de persoas que poden axudar nelas. Así, os sopretes e mangueiras a presión substituíron a palla e as rasquetas.
Abrir os cochos e separar as pezas de carne é un traballo case de cirurxía que o matachín realiza con precisión. E é que todo na matanza se fai con orde para aproveitar cada peza. Porque xa se sabe que non hai carne como a da casa.
Por toda Galicia hai esta fin de semana milleiros de matanzas e en boa parte delas o colofón porao unha boa pota de callos, de lacón cocido ou, mellor aínda, das dúas cousas.