Publicador de contidos
Publicador de contidos

As Rías Baixas rexistran máxima ocupación durante a ponte festiva

As Rías Baixas rexistran máxima ocupación durante a ponte festiva

Os hoteis de Pontevedra teñen unha previsión de ocupación superior ao 95 %

Os municipios de costa e praia presentan unha altísima demanda

G24.gal 14/08/2024 14:29

Nos hosteis da comarca do Morrazo non se para. É un dos destinos demandados destas vacacións.
Un exemplo é o hotel Loureiro de Bueu. Está a pé de praia o que fai a delicia de moitos turistas. De feito, os que elixen as Rías Baixas veñen buscando precisamente isto. Sobre todo os da zona do Levante.

E dentro dunha ocupación que superará o 95 % nas Rías Baixas, o propio informe do sector, desvela a crecente presenza de turistas estranxeiros.

Visitantes que amplían a súa estancia media na nosa comunidade e eleva o seu consumo. Respecto aos turistas nacionais, elixen o apartamento turístico para pasar as súas vacacións.

O centro de Bueu está ateigado, tamén a súa praza de abastos. E o que xa parece unha tendencia son as reservas de última hora que parecen estar condicionadas pola meteoroloxía. E como as previsións neste senso son boas, as expectativas para este mes poderían superar as marcadas inicialmente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade