Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medalla ao mérito para os bombeiros de Pontevedra polo traballo realizado no accidente do autobús de Pedre

Medalla ao mérito para os bombeiros de Pontevedra polo traballo realizado no accidente do autobús de Pedre

Nese tráxico suceso de Noiteboa, nun autobús en que ían nove pasaxeiros, rescataron dúas persoas con vida 

G24.gal 09/05/2024 14:35

Ninguén esquecerá o acontecido esa chuviosa Noiteboa de 2022 en Pedre, e moito menos as persoas que estiveron alí traballando no rescate dos dous superviventes e das vítimas. Esas persoas son César, Santiago, Aarón, Rubén e Marcos, a dotación de bombeiros de Pontevedra de garda ese día. César Lago, xefe de dotación do corpo de bombeiros de Pontevedra.

"Lembrar que nos momentos previos ao chegar ao sinistro, pois a confusión que había co tema do número de vítimas que podería haber no autobús".

Unha vez no lugar comprobaron que o autobús estaba a uns 40 metros de altura no propio leito do río Lérez. Había que baixar ata alí tras garantir a seguridade dos compañeiros para poder levar a cabo un rescate moi complicado. César Lago e Santiago Carramal estaban esa noite en Pedre.

"Víanse unhas mans dunha persoa, alguén que se movía abaixo pero non podían dicirnos con certeza se eran unha, dúas, cinco...".

"O autobús movíase en todo momento e non sabiamos se podía levalo a corrente por iso tivemos un rescate in extremis para que rapidamente puideramos sacar as persoas máis rápido posible".

A Xunta acaba de outorgarlles a medalla ao mérito da protección civil de Galicia, solicitada pola xunta de persoal do Concello de Pontevedra que conforma Héctor Santaló.

"Estes compañeiros, que teño a honra de poder chamar compañeiros, expuxeron as súas vidas alén do seu deber, alén da súa responsabilidade e grazas a eles levouse a cabo un rescate exitoso".

Agradecidos por este galardón, este xoves compartiron xornada cuns invitados de excepción, estes nenos e nenas dun colexio de Pontevedra que escoitaron moi atentos a estes bombeiros que non só loitan contra o lume, tamén participan en complicados rescates que salvan vidas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade