Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medalla de ouro internacional para unha augardente galega

Medalla de ouro internacional para unha augardente galega

É unha augardente vella que repousa quince anos en barricas de carballo

Foi galardoada nos prestixiosos premios Bacchus

G24.gal 29/04/2024 20:21 Última actualización 29/04/2024 20:53

Seleccionar os mellores bagazos da Ribeira Sacra, escoller as partes máis valiosas da destilación, os corazóns, e deixar o líquido durante un mínimo de quince anos en barricas de carballo francés da rexión de Limousine.

Eses son os pasos que seguen nesta adega do Saviñao para elaborar a súa augardente vella. Un produto moi diferenciado que acaba de obter un dos máis importantes recoñecementos internacionais.

A familia leva dende mediados do pasado século elaborando licores e viños na Ribeira Sacra.

Así, seguen fielmente algunhas das tradicións pero tamén introducen no mercado produtos novos, como o caso da augardente vella, para chegar a públicos máis amplos e para poñer en valor a calidade das bebidas da IXP Oruxo de Galicia.

A augardente branca que elabora esta familia do Saviñao tamén recibiu unha medalla de prata no certame Bacchus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade