Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha queima agrícola probable orixe do lume de Castelló que arrasa 3.000 hectáreas

Unha queima agrícola probable orixe do lume de Castelló que arrasa 3.000 hectáreas

O lume xa queimou 3.000 hectáreas e segue avanzando malia os esforzos por controlalo

Oito vilas foron desaloxadas, 1.500 veciños dos 106 tiveron que pasar a noite en albergues

Asturias rexistra 22 incedios e ten activada a alerta dende o 15 de xaneiro

G24.gal 24/03/2023 09:03

O vento e as altas temperaturas complican a extinción do primeiro gran incendio forestal do ano. Segundo o servizo de Seguridade e Emerxencias da Generalitat a principal hipótese que se baralla é unha mala práctica durante unha queima agrícola. O lume que leva queimadas 3.000 hectáreas, orixinouse nun barranco con gran masa forestal e rodeado de bosques de alto valor ambiental.

Oito vilas foron desaloxadas, 1.500 veciños que tiveron que abandonar os seus domicilios, 106 pasaron a noite en albergues ou polideportivos habilitados para o efecto. Tamén desaloxaron unha residencia de anciáns e persoas de mobilidade reducida da localidade de Montán mediante autobuses e ambulancias.

Gran despregamento de medios de extinción

Un amplo dispositivo formado por efectivos terrestres e medios aéreos seguen traballando para tratar de frear o avance do lume no incendio forestal declarado onte no termo municipal de Villanueva de Viver, na zona limítrofe das provincias de Castelló e Teruel.

Hai 18 aeronaves e 400 persoas a traballar. Nas últimas horas despregáronse 10 unidades forestais, catro brigadas forestais, 11 autobombas e sete vehículos de apoio, ademais de dúas ambulancias e unidades complementarias dos servizos de urxencias sanitarias. 

De forma progresiva incorporanse ás tarefas de extinción catro helicópteros, tres avións, tres brigadas helitransportadas, 4 avionetas e efectivos da unidade Militar de emerxencias (UME), informaron fontes de Emerxencias da Generalitat.

O presidente do goberno Pedro Sánchez di que están seguindo moi de preto a evolución do incendio logo do empeoramento das condicións metorolóxicas na zona debido ao forte vento. Estamos ante o primeiro gran incendio da temporada.

O intenso fume complica os labores de extinción dun incendio cun perímetro moi amplo de arredor de 30 quilómetros que ameaza o parque natural de Serra de Espadán.

Asturias en alerta e con 22 incendios rexistrados

Mentres Asturias tamén está a sufrir as lapas con 22 incendios rexistrados polo Servizo de Emerxencias do Principado, tres menos que onte a noite.  Hai 78 concellos asturianos en risco alto, moi alto ou extremo por incendios forestais.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía prevé nas próximas horas para Asturias algunhas choivas débiles e chuvascos, así como un descenso das temperaturas e ventos frouxos, o que podería axudar á extinción dos incendios.

O Plan de Incendios Forestais do Principado de Asturias está activado en fase de alerta, previa á emerxencia, desde o pasado 15 de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade