Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medra o furtivismo na Coruña por mor do bo estado do mar

Medra o furtivismo na Coruña por mor do bo estado do mar

Unha vixilante foi agredida dúas veces en pouco máis dun ano

G24.gal 18/08/2022 14:52

O problema do furtivismo nas rochas entre O Portiño e a Torre de Hércules agravouse nos últimos meses. Desde a confraría de pescadores aseguran que aos profesionais só lles permiten mariscar doce días ao mes e só a primeira marea diurna na que poden coller un tope de sete quilos de percebes de medida legal.

Porén, din que os furtivos van todos os días, algúns as dúas mareas, e que collen quilos e quilos do crustáceo sen lles importar o tamaño.

Cualifican de alarmante o que está acontecendo. Denuncian tamén que unha das vixilantes sufriu hai uns días unha segunda agresión, en pouco máis dun ano, cando trataba de requisarlle a un dos furtivos unha bolsa con case dez quilos de percebes que xa tiña nas rochas da zona da Lagoa, en pleno paseo marítimo.

Din que así non poden traballar con tranquilidade e manifestan que o problema vai a máis porque estes meses detectaron un incremento desta actividade ilegal na cidade herculina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade