Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan as multas de tráfico en Santiago, co radar de Conxo como protagonista

Aumentan as multas de tráfico en Santiago, co radar de Conxo como protagonista

O dispositivo multou máis de 23.000 infractores en 2022, 64 cada día

Algúns conductores din que o dispositivo ten afán recadatorio pola súa localización 

 

G24.gal 24/08/2023 14:42

Unha de cada tres multas que se impoñen en Santiago proceden do radar de Conxo. 

"Os de aquí xa sabemos, pero os de fóra caen todos"

"Hai pouca marxe, está moi enriba, non dá tempo a frear", comentan algúns veciños.

Cada día fotografa 64 vehículos circulando a máis de 50. Moitos condutores critican a súa localización e consideran que ten un afán recadatorio. Mesmo houbo un infractor que decidiu desfacelo a marteladas. Pero tamén hai quen considera que contribúe a mellorar a seguridade no tramo.

"Eu véxoo ben por seguridade, pero pásanse coas multas".

"Eu creo que é totalmente recadatorio, nese tramo nunca houbo ningún accidente", explican os condutores.

Para deter a sangría de multas barallouse a posibilidade de aumentar a velocidade a partir da cal dispara as fotos, ou mellorar a sinalización para evitar sorpresas.  

"A xente frea de golpe, é perigoso, deberían sinalizalo mellor".

"Creo que deberan poñer o sinal de 70 antes, está moi pegada ao 50".

"Eu penso que o que fai o animal, faino igual co radar multando a 50 ou a 70", din algúns veciños de Conxo.

Polo momento non hai noticias de que vaia haber cambios no dispositivo, do que saíron boa parte dos tres millóns e medio de euros que ingresou o Concello o pasado ano en concepto de multas de tráfico.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade