Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mel de Brea, de novo entre os mellores do mundo nos London Honey Awards

Mel de Brea, de novo entre os mellores do mundo nos London Honey Awards

É a terceira vez que esta alvariza da Estrada obtén un ouro no certame

Desta volta o premio recaeu nun multifloral de silva, castiñeiro e eucalipto

 

 

G24.gal 05/09/2024 14:38

Mar Brea dedica o premio London Honey Awards ao seu pai. É a terceira vez que gaña un ouro en Londres, pero a primeira sen que el a axude nas colmeas. Del aprendeu a mantelas sas e alimentadas no inverno. O verdadeiro traballo dun apicultor, di, porque do resto encárganse elas.

"O traballo fano elas, eu intento facer un bo manexo e coidar delas o mellor que sei, o resto é cousa das abellas. Á hora de recoller o mel, facémolo en frío cunha manipulación mínima, coma se fixo sempre, sen pasteurizar nin quentar", di Mar Brea, apicultora de Mel de Brea.

As súas abellas volveron facer un mel de Óscar nun ano especialmente duro, o 2023, en que se perdeu case toda a floración do eucalipto e as velutinas ateigaron o alvariza. Pero elas aproveitaron o que había, xuntárono con máis flores e volveron coller un posto no podio mundial.

"Este multifloral é algo diferente ao que saíu outros anos. Como non fixemos o monofloral de eucalipto porque había pouco, o que había metérono neste mel, que tamén ten silva, queiroga e castiñeiro. A mestura quedou máis clariña e suave do habitual", explica a apicultora.

A súa é unha produción artesanal que vende directamente na propia explotación e en tendas da Ulla, Sanxenxo e O Rosal. Aínda queda algún bote premiado no mercado, pero agora toca centrarse na esmelga de setembro, que comeza en poucos días nesta alvariza da parroquia de Pardemarín. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade