Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mercado solidario en favor da escolarización en África

Mercado solidario en favor da escolarización en África

Mercado está impulsado pola  ONGD HARAMBEE

Santiago súmase a recación de fondos para desenvolver proxectos educativos en África

O mercado solidario pódese visitar na sede da Obra Social de Abanca
G24.gal 04/05/2023 14:34 Última actualización 04/05/2023 14:51

 "Todo o que recademos, todo, vai a África", conta Gloria Solé, delegada de Harambee en Santiago.

África é a razón de ser da oenegué Harambee dende que se fundou hai 20 anos. Levan 119 proxectos desenvolvidos en 22 países, iniciativas para que ninguén teña que abandonar a súa terra. Contáronnos a historia de Adele. Reunía cartos para vir a Europa en barca e Harambee cruzouse no seu camiño.

 "Ela era analfabeta, entón conseguíronselle bolsas para que puidera estudar, facerse peiteadora, e agora ten un estudio de peiteado e contrata 4 señoras máis", explica Gloria.

O mercado pode visitarse dende hoxe e ata o sábado na sede da Obra Social de Abanca en Santiago. Todos os cartos que se recaden van ser destinados a bolsas de formación, tanto para a escolarización dos máis pequenos como para a formación profesional da mocidade, do Camerún, O Congo, Costa de Marfil e Kenya.

 "Nós colaboramos, pero nós non lles facemos os proxectos, colaboramos e eles desenvolven os proxectos coas súas ideas", continúa a voluntaria.

Este ano España vai financiar 14 deses proxectos.

 "Veñen científicas africanas a formarse en universidades españolas, que ese é un proxecto pioneiro, pero logo volven a África, porque nós pensamos que África necesita os seus fillos, necesita a súa xente nova", apunta Gloria Solé.

No mercado solidario están á venda centos de obxectos, algúns chegados de África, pero a maioría son doazóns da xente de Santiago. 

 "Sempre veño comprar algo".

"Temos moitos medios en Europa, non?, e é unha mágoa que quedemos con eles para nós".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar