Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mercar produtos de temporada e de proximidade axuda a aforrar na cesta da compra

Mercar produtos de temporada e de proximidade axuda a aforrar na cesta da compra

É importante non mercar por impulso e planificar as comidas para gastar no que realmente imos consumir e evitar desperdicios

G24.gal 22/04/2022 14:09

Os produtos de temporada son máis frescos, podemos dicir que máis sans e, en xeral, máis baratos.

 "O de temporada sempre é fundamental. Ten sabor e ten o prezo", din nunha froitería
Agora, amorodos, comezan a chegar as nésperas. Chícharos e tirabeques son unha boa opción.  
Produtos de temporada e de proximidade que se poden adquirir a mellor prezo.

"Penso que é mellor porque non vén tanto de cámara e o prezo tamén, porque evítanse intermediarios". "Eu compro produtos de proximidade se é posible, porque hai que mirar polo da nosa terra".

O mesmo podemos dicir dos peixes. Agora toca rincha.
"Cando empeza a haber cabala, queres tamén variedade. A cabala vai barata e o resto para arriba", di unha pescantina.

É importante non mercar por impulso e planificar as comidas para gastar no que realmente imos consumir e evitar desperdicios.

"Eu planifico toda a semana". "O que lle digo á xente é que leve só o que precisa para non ter que tirar nada".

Tamén comparar prezos.

"Miro un pouco e compro despois". "Busco e miro en todos os comercios se é necesario, e onde hai ofertas cargo para unha temporada que non me caduque". "Buscar o máis barato e mirar nun sitio e noutro".

Coñecer os produtos que están en temporada axudaranos a mercar máis barato e máis saboroso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar