Miles de persoas manifestanse en Santiago contra a suba de prezos e a precariedade
Miles de persoas manifestanse en Santiago contra a suba de prezos e a precariedade
A protesta convocada polo BNG reclama unha saída xusta e galega da crise.
Ana Pontón pide medidas "contundentes " a favor da maioría social como a intervención pública das eléctricas
Miles de persoas maniféstanse en Santiago contra a suba de prezos e a precariedade.
A protesta convocada polo BNG reclama das Administracións medidas para frear o que consideran unha "estafa á cidadanía" máis desfavorecida. Saíron da Alameda compostelá e encheron a praza da Quintana con pancartas que reclaman medidas "valentes e contundentes" que apoien a maioría social. A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, considera "indecente" que as eléctricas e a banca obteñan beneficios millonarios mentres moitas familias "non teñen para pagar a calefacción".
Reclamou unha intervención pública da enerxía e unha tarifa eléctrica galega. Dixo que a actuación da Administración central e autonómica supón que "paguen os pratos rotos" os de sempre. Pediu unha "saída xusta e galega" da crise de prezos.