Milleiros de fieis na Romaría do Santo Antonio Ventureiro de Xove
Milleiros de fieis na Romaría do Santo Antonio Ventureiro de Xove
Os devotos piden polo amor, a saúde e os obxectos perdidos
É unha romaría de Interese Turístico Galego
A igrexa da Rigueira está chea de fregueses durante todo o día que veñen rezarlle ao santo Antonio Ventureiro. Un santo que axuda a todos os romeiros que chegan polos oito camiños que levan ao templo. A maioría deles andando, pero tamén a cabalo. A fe no santo é grande.
"Eu levei pan de aquí, deillo a un can e sandou".
"Eu pido pola familia, para que siga todo igual".
"Levamos vindo moitos anos. Gústanos".
Cada romeiro que acredita que chegou por unha das oito rutas recibe un diploma acreditativo e un lirio, a flor que simboliza o santo Antonio. Non faltan as candeas e os exvotos para que os fieis poidan pedir pola súa saúde e fortuna ou pola dos seus familiares. Ou mesmo pola dos seus animais.
"Dámoslles un diploma se comprobamos que viñeron por unha das oito rutas".
"O santo funciona, porque eu son de Muras e vin casar a Xove".
A festa, as misas e as procesións van continuar durante todo o día.