Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de persoas acoden á romaría do San Benitiño de Lérez

Milleiros de persoas acoden á romaría do San Benitiño de Lérez

A este santo e ao aceite que fan no seu mosteiro atribúen a curación de espullas e outros males da pel

G24.gal 11/07/2023 16:56

Ben cedo comezaban as misas en honor a San Benitiño. Misas multitudinarias porque no mosteiro de San Salvador de Lérez había este martes moita xente, moita máis que outros anos.

Son moitos os devotos deste San Benitiño, un santo ao que lle piden para curar os males da pel, para que algunha espulla desapareza ou por outros motivos.

Despois da misa toca seguir coas tradicións da romaría como a de pasar por debaixo do altar... E, por suposto, ofrecer ou mercar os óleos benditos de San Benitiño.

Este ano, e sen restricións pola pandemia, son moitos os que se animaron a achegarse á romaría por primeira vez.

Seguro que non será a última. Uns por devoción e outros pola festa, pero este ano ninguén quere perder a romaría de San Benitiño de Lérez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade