Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de persoas acoden á romaría dos Milagres de Saavedra

Milleiros de persoas acoden á romaría dos Milagres de Saavedra

Os fieis cumpriron coas tradicións de portar exvotos e tallas da virxe arredor do santuario

Félix Aragunde 24/05/2024 13:55

O bo tempo animou a romaría dos Milagres, que se está a celebrar na parroquia begontina de Saavedra. Chegados da propia comarca da Terra Chá, pero tamén de Lugo ou da Coruña, milleiros de devotos cumpren coas diversas desta cita relixiosa, como é o caso da imposición da Virxe.

Álvaro Díaz, colaborador da romaría: "Como novidade, xa non temos a pantalla para impoñer a santa. Si se nota que a xente non a chega a bicar".

Manel Iglesia, ramista: "Vén bastante xente e esperamos que siga vindo máis. Ao facer mal tempo ata agora, aproveitaron para vir esta fin de semana".

Ao longo da xornada, centos de fieis portan tallas da Virxe arredor do santuario, e tamén os hai que portan exvotos adquiridos nos postos de candeas.

Carlos de Bastavales, cereiro: "Antigamente vendíanse moitísimas vacas e porcos, por ser unha zona gandeira. Hoxe en día véndense tamén mascotas, tanto cans coma gatos".

Outra das tradicións asociadas a esta romaría consiste en mercar candeas e deixalas acesas na parte traseira do templo. Como resultado, vanse acumulando centos de luces que quedan a alumear ata se consumiren.

Á marxe dos ritos estritamente relixiosos, os romeiros tamén adoitan cumprir con outras tradicións. Entre elas, figura a de mercar doces nos moitos postos que rodean a igrexa.

Míriam Jamardo, churreira"A ducia vai a cinco euriños, e os de chocolate, a oito. Subiron ao subir o aceite, a comisión tamén nos subiu un pouquiño este ano, por iso temos que cobrar un pouco máis".

A romaría de Saavedra completarase con música e festa durante toda a fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade