Marcha en Barcelona para esixir máis presenza do castelán nas escolas
Marcha en Barcelona para esixir máis presenza do castelán nas escolas
Cuca Gamarra (PP), Inés Arrimadas (C´S), e Santiago Abascal (Vox) estiveron na manifestación
Houbo mobilizacións en 13 cidades españolas para esixir a liberdade de elección lingüística
Este domingo estaban convocadas mobilizacións en 13 cidades españolas para pedir a liberdade de elección lingüística.
A marcha central foi a de Barcelona, que contou con representantes dos partidos da dereita do arco parlamentario. Os participantes aseguran que o español está excluído dos centros de ensino nas comunidades con cooficialidade lingüística. A plataforma convocante asegura que foron milleros de persoas as que saíron ás rúas de Barcelona para esixir bilingüismo nas aulas.
Os organizadores estiman a asistencia de 200.000 persoas, cifra que a Garda Urbana de Barcelona rebaixa ata 2.800 asistentes.
O lema "Español, lingua vehicular" encabezaba a marcha nunha pancarta.