Milleiros de persoas visitan o campamento militar romano Aquis Querquennis de Bande
Milleiros de persoas visitan o campamento militar romano Aquis Querquennis de Bande
Ao pé do encoro das Conchas, en Bande, as ruínas están completamente ao descuberto no verán
É un lugar pouco coñecido que sorprende os visitantes
Está considerado unha das xoias da arqueoloxía militar romana, un dos mellor conservados da Península
Estivo ocupado polos militares romanos entre finais do século I e principios do século II
O verán é a mellor época do ano para coñecer o campamento militar romano Aquis Querquennis, en Portoquintela, situado no concello ourensán de Bande. O encoro das Conchas deixa totalmente ao descuberto as ruínas consideradas unha das xoias da arqueoloxía militar. Un lugar que tamén aumentou este ano o número de visitantes.
Son cada vez máis os turistas que no verán chegan ata este campamento militar romano de Aquis Querquennis. Ao pé do encoro das Conchas en Bande, é un lugar que sorprende os visitantes.
Neste xacemento romano viviron un tempo 605 militares romanos entres os séculos I e II. E mentres os visitantes pasean polas ruínas, o equipo de arqueólogos segue coas escavacións.
En época de paz romana instalouse aquí unha unidade militar que ocupou 25.000 metros cadrados.
"Cremos que é unha das xoias da arquitectura militar romana en época romana na Península Ibérica. Campamentos como este hai varios, pero tan escavados e consolidados hai pouquiños dentro da Península", asegura o director das escavacións do Aquis Querquennnis Santiago Ferrer.
Un lugar para descubrir, onde se atopan tamén as termas, os baños de augas mineromedicionais descubertos polo asentamento romano.