Miño e Cabanas limitan o uso de auga potable
Miño e Cabanas limitan o uso de auga potable
Temen problemas de abastecemento se a seca se prolonga
Localidades costeiras como Miño ou Cabanas practicamente duplican a súa poboación durante o verán, o que dispara o consumo de auga. Ningún destes municipios ten, polo momento, problemas de abastecemento pero, ante a posibilidade de que se prolongue a seca, ambos os dous decidiron impoñer algunhas restricións e facer unha chamada ao consumo responsable.
A auga potable non pode usarse para encher piscinas. Tampouco para limpar as fachadas ou os coches nin para regar ao chou. As fontes públicas están secas e nas praias xa non funcionan as duchas nin os lavapés. O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, convidou os veciños a facer un uso responsable da auga.
"Que a xente nas súas casa revise as instalacións, que non abran a billa sen necesidade... Son cuestións de sentido común. Trátase de que a xente tome conciencia".