Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mobilizan varias patrullas en Chantada para lograr que unha cadela saia dun coche

Mobilizan varias patrullas en Chantada para lograr que unha cadela saia dun coche

Foron necesarias case tres horas para sacala do vehículo onde se metera, baixo os pedais

A mascota marchou soa ao chegar a Policía Local cun lazo e foille devolta ao seu dono

Félix Aragunde 14/03/2023 13:27

A cadela Marquesa, dun veciño de Chantada, meteuse no coche dunha muller residente na avenida de Monforte cando abriu a porta do vehículo. Daquela, quixo sacala para poder conducir, pero o animal non fixo caso e quedou entre os pedais e o asento do condutor.

Ata o lugar acudiron entón dúas patrullas da Garda Civil, que trataron por varios medios de persuadir a mascota, pero foi en van. Só conseguiron que marchase, case tres horas despois, cando se presentou cun lazo un axente da Policía Local.

"Cando cheguei, xa a cadela estaba fóra. Ao verme a min, xa veu directa. Fómonos para a casa e, en principio, non pasou nada", di José Luis Vázquez, dono da cadela.

Grazas ao seu chip de identificación, a policía axiña contactou co responsable de Marquesa para que a fose recoller. Segundo conta o seu dono, a mascota ten faltado máis tempo, e cre que desta volta puido ter razóns para buscar un refuxio.

"Xa a teñen tido nalgunha casa cerrada tres ou catro días, ata que dei con ela. É o malo que ten, que se arrima a calquera, pero montar así no coche de calquera, non. Penso que tiveron que andar atrás dela e non sei se non lle pegarían", conta José Luis.

Esta curiosa historia, protagonizada por unha cadela, sucedeu no marco da Feira do Viño de Chantada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade