Moitos ciclos de FP teñen unha taxa de inserción do 90 %
Moitos ciclos de FP teñen unha taxa de inserción do 90 %
Nos módulos de formación profesional hai mozos pero tamén adultos que buscan novas saídas laborais
Suso é licenciado en Empresariais e, despois de levar case unha década desempeñando traballos de oficina, quixo dar un xiro profesional. "Estou moi contento de empezar na FP", asegura.
Daniel tamén estuda Formación Profesional, pero el tívoo claro dende pequeno. "Sempre quixen andar entre coches e motos, e por iso fixen automoción".
As novas tecnoloxías obrigan cada vez máis a ter formación específica en calquera campo de coñecemento e a FP cobra maior peso.
"En automoción o perfil do futuro debería ter un nivel alto de informática e electrónica e coñecementos de electrónica e termodinámica. Sen formación sólida e imposible cubrir as esixencias tecnolóxicas", explica José Manuel Grille, profesor de Automoción nun centro de Santiago.
En moitos ciclos de formación profesional a taxa de inserción laboral supera o 90 %.