Monicreques, novas tecnoloxías ou filatelia, métodos para ensinar Educación viaria

Un curso amósalles a docentes e educadores as ferramentas con que poden achegar a mensaxe a todas as idades

G24.gal 26/10/2023 20:23 Última actualización 26/10/2023 20:54

Marila leva 40 anos dedicado á docencia e apostando pola educación viaria entre os máis novos. Este xoves achegoulles a outros educadores un dos proxectos máis exitosos, unha  colección de selos de diferentes épocas e países, con que os escolares traballan sobre a seguridade viaria e as consecuencias dos sinistros de tráfico.

José López Muñoz, presidente da Federación Estatal de Técnicos de Educación Vial: "Dende hai un ano, a nova lei de educación introduciu a educación viaria no currículo escolar de todos os alumnos, de todas as idades. Isto fixo que moitos docentes necesiten formarse".

Ese é o obxectivo dun curso organizado pola UNED, a Universidade de Educación a Distancia, en Ourense. Nel afonda en como foi evolucionando a educación viaria e os retos a que se enfronta e dan ferramentas para empatizar coas distintas franxas de idade e conseguir que a mensaxe chegue a todos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade