Publicador de contidos
Publicador de contidos

Monte Alto recupera a rutina tras a tensión que acabou co desaloxo dunha vivenda ocupada

Monte Alto recupera a rutina tras a tensión que acabou co desaloxo dunha vivenda ocupada

Os desaloxados tentaron ocupar outro inmoble, pero finalmente tiveron que abandonalo

G24.gal 07/02/2024 22:09

Patrullas de Policía Nacional custodiando a entrada do número 5 da rúa Washington. Así amenceu Monte Alto este mércores tras os momentos de tensión vividos no barrio, que acabaron co desaloxo de madrugada dos ocupantes do inmoble, denunciado pola veciñanza como un suposto narcopiso.

A media mañá, chegaba a autorización, e a propiedade da casa daba orde de tapiar os accesos á vivenda. Na zona, a veciñanza amosábase aliviada.

A tranquilidade viuse interrompida cando os desaloxados ocuparon outro edificio do barrio, un inmoble baleiro e apuntalado no seu interior por orde do Concello, xa que presenta danos estruturais por mor dunha construción ilegal. A Policía Local actuou con rapidez. Alertou os propietarios dos pisos, que tiveron que cambiar as fechaduras das portas forzadas. Finalmente as persoas ocupantes tiveron que abandonar o edificio. 

Os veciños levan tempo denunciando a inseguridade que están a padecer, que se agravou, din, nas últimas semanas.

Na Delegación do Goberno sinalan que a seguridade está garantida na cidade. Nas últimas horas, a Policía Nacional mantiña a vixilancia no barrio, mais semellaba que a calma regresaba ás rúas de Monte Alto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade