Publicador de contidos
Publicador de contidos

Montederramo amosa os mellores exemplares de vacún na Festa da Carne

Montederramo amosa os mellores exemplares de vacún na Festa da Carne

Nesta edición participaron 200 cabezas pertencentes a unha trintena de explotacións da montaña ourensá

Tamén se puido degustar carne ao caldeiro, rinchada e en empanada 

G24.gal 12/10/2023 19:39 Última actualización 12/10/2023 20:50

Montederramo, na terra de Caldelas, é o concello con máis vacas da provincia de Ourense. Hai máis ca xente, tocan a dez por veciño. Unhas sete mil cabezas repartidas nunhas 80 explotacións que son o sustento económico da comarca.

Da cría do gando vacún viven aquí case todas as familias. A maioría son xente nova que crían as reses en extensivo e cos mellores coidados. Están adaptadas ao pastoreo e a estar fóra todo o ano, e iso notase na calidade da carne.

Como cada día do Pilar, móstranas precisamente para que os asistentes vexan as súas características. Comproban de primeira man a calidade destes exemplares de raza rubia galega, caldelá ou vianesa e tamén poden mercalos. 

Tamén poden probar a carne, elaborárona rinchada, ao caldeiro ou en empanada, máis de 1500 quilos. Tamén puideron levala en fresco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade