Publicador de contidos
Publicador de contidos

Montero fai alusión á calvicie de Tellado e este respóndelle que "non está á altura do seu cargo"

Montero fai alusión á calvicie de Tellado e este respóndelle que "non está á altura do seu cargo"

O voceiro do PP no Congreso achacou as declaracións da vicepresidenta primeira do Goberno ao "nerviosismo" que, segundo el, hai no PSOE

G24.gal 20/01/2024 20:40 Última actualización 20/01/2024 20:59

Durante a súa intervención na Coruña, a vicepresidenta primeira do Goberno e vicesecretaria xeral do PSOE mencionaba o voceiro do PP no Congreso facendo alusión á súa calvicie. María Jesús Montero referíase a Miguel Tellado nestes termos:

"Porque do Partido Popular hai un cacho escoitaba unhas declaracións deste home que mandastes para aló para Madrid, o das lentes... Ben, os dous teñen lentes -facendo referencia a Feijóo-, o que ten menos pelo... o Tellado, de Miguel Tellado, que debe de estar nunha convención por aquí".

Pouco despois Miguel Tellado criticaba esas palabras de María Jesús Montero. O voceiro do PP no Congreso contestáballe preguntándose que pasaría se el describise unha deputada do PSOE pola súa vestimenta ou polo seu peiteado.

Tellado achacou esas declaracións ao "nerviosismo" que, segundo el, hai no PSOE e asegurou que Montero "non está á altura" do seu cargo.

"Tratan de mofarse do portavoz do grupo maioritario no Congreso dos Deputados polo seu aspecto físico. Eu creo que o PSOE está moi nervioso, está preocupado polo que están facendo e a reacción da sociedade no seu conxunto contra a tramitación da lei de amnistía e creo que iso explica o comportamento da señora Montero que desde logo non estar á altura do cargo que ocupa", dixo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade