Morre en Abadín o condutor dun todo terreo tras chocar contra unha árbore
Morre en Abadín o condutor dun todo terreo tras chocar contra unha árbore
O turismo saíu da estrada entre Castromaior e Fornos pola marxe dereita, e o seu único ocupante, un veciño de Abadín de 62 anos, morreu
Pasaban poucos minutos das oito da mañá deste sábado cando se rexistrou un accidente de tráfico mortal na estrada local entre Castromaior e Fornos no concello de Abadín.
Un todo terreo saíu da calzada pola súa marxe dereita para impactar deseguido contra unha árbore. Varios particulares avisaron ao servizo de emerxencias 112-Galicia do sinistro.
O falecido, o único ocupante do vehículo e condutor, era un veciño de Abadín de 62 anos. Era un construtor da localidade xa xubilado. Todo indica que puido sufrir unha indisposición mentres conducía, xa que tivo tempo de avisar de que se encontraba mal.
Varios particulares avisaron ao servizo de emerxencias 112-Galicia do sinistro. Aseguraban que a persoa que estaba no interior do vehículo non respondía. Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias médicas do 061 e os Bombeiros de Vilalba. Sacaron ao home do todo terreo e malia que lle practicaron unha manobra RCP, non puideron salvarlle a vida.
🔴 #AXEGAInforma do falecemento dunha persoa tras impactar a furgoneta que conducía contra unha árbore.
— 112 Galicia (@112Galicia) July 20, 2024
📍 Castromaior, Abadín.
➡️ Varios particulares informaron do accidente dez minutos despois das 08 horas.
🔗 https://t.co/SYuNa3XFNd pic.twitter.com/3thj16qsP1