Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre o filósofo Antonio Escohotado aos 80 anos

Morre o filósofo Antonio Escohotado aos 80 anos

G24.gal 21/11/2021 12:55

O filósofo e ensaísta madrileño Antonio Escohotado, autor de "Historia xeral das drogas" e "Os inimigos do comercio" entre outras moitas obras, faleceu en Eivissa onde residía aos 80 anos, confirmou a súa familia en Twiter.

"Descanso en paz arroupado pola miña familia" reza a mensaxe difundida na conta a nome do pensador que vivía na illa balear enfermo de cancro.

Retirouse á súa casa en Eivissa hai meses para pasar os seus últimos días. Sociólogo, ensaísta e filósofo, Escohotado foi profesor na Facultade de Socioloxía e Ciencias Políticas da UNED ata a súa xubilación en 2013. A súa obra "Historia xeral das drogas" escribiuna no cárcere de Cuenca, onde cumpría condena por tráfico de estupefacientes.

 Tradutor de grandes figuras intelectuais como Newton, Hobbes ou Bakunin, tamén foi articulista en publicacións periódicas. A cuestión máis polémica da súa irreverencia era a súa defensa da legalización das drogas.

Nos últimos anos o seu pensamento orientouse á crítica das posicións da esquerda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade