Dous novos mortos nas estradas galegas este martes
Dous novos mortos nas estradas galegas este martes
En Riós, un condutor que circulaba en sentido contrario pola A-52 chocou de fronte contra outro vehículo
En Melide, unha persoa faleceu logo de colidiren dous vehículos na N-547
Un home de 73 anos morreu na noite deste martes ao chocar frontalmente contra outro turismo cando circulaba en sentido contrario pola autovía das Rías Baixas, A-52, ao seu paso polo termo municipal de Riós, en Ourense. O accidente produciuse ás 20:40 horas.
O condutor, veciño de Zamora e único ocupante do vehículo, chocou contra un segundo vehículo no que viaxaban cinco persoas.
Os cinco ocupantes quedaron feridos leves e foron evacuados ao Hospital Público de Verín para observación.
A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer as causas do accidente.
O segundo sinistros mortal produciuse no concello coruñés de Melide. Unha persoa faleceu logo de colidir dous vehículos na N-547.
Con estas dúas vítimas mortais o total de falecidos nas estradas galegas desde que comezou o operativo especial de Nadal ascende xa a seis.