Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evoluciona favorablemente o sobrevivente do naufraxio na Estaca de Bares

Evoluciona favorablemente o sobrevivente do naufraxio na Estaca de Bares

Félix Aragunde 15/11/2022 12:45

A que ía ser unha apracible xornada de pesca entre dous irmáns veciños de Lugo acabou en traxedia. Encontrábanse nunha embarcación de recreo pescando robaliza fronte á Estaca de Bares, cando un golpe de mar fixo que envorcase a lancha.

Como resultado dun traumatismo na cabeza, un deles quedou inconsciente e foi rescatado polo helicóptero Pesca 2 e trasladado ao hospital da Mariña, onde morreu. Tocante ao supervivente, salvouno o pesqueiro Siempre Cicles, con base no Barqueiro.

Diego Gómez, patrón do Siempre Cicles: "Era unha zona moi perigosa e o rapaz non podía nin nadar, polo susto, nin quería coller un cabo que lle dabamos. E acercámonos máis ata que o puidemos rescatar. El é o que nos di que non nos vaiamos e que busquemos o seu irmán. Onde o atopamos, non podiamos acceder, e nese momento chegou o Pesca 2, que recuperou o corpo".

Nun primeiro momento, o irmán que sobreviviu ao naufraxio foi conducido nunha ambulancia ao mesmo centro hospitalario, en Burela, pero posteriormente foi trasladado á planta de traumatoloxía do hospital Lucus Augusti de Lugo, onde evoluciona favorablemente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade