Morre un veciño de Burela ao bater o seu coche contra un camión en Foz
Morre un veciño de Burela ao bater o seu coche contra un camión en Foz
O accidente produciuse ás 05:20 horas, no punto quilométrico 38,400 da estrada Nacional 642
Un veciño de Burela, un home de 57 anos, perdeu a vida esta madrugada por mor dun aparatoso accidente que se produciu no municipio lucense de Foz, na comarca da Mariña.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil de Tráfico, o accidente produciuse ás 05:20 horas, no punto quilométrico 38,400 da estrada Nacional 642 (Porto-San Cibrao), no municipio de Foz.
O vehículo que conducía a vítima mortal, un turismo, chocou frontalmente contra un camión. O condutor do turismo faleceu por mor do impacto, mentres que o do camión quedou ileso.
Os bombeiros do parque comarcal de Barreiros acudiron para excarceralo, posto que quedara atrapado no coche debido ao impacto. Pola súa parte, unha ambulancia medicalizada trasladou a vítima ao hospital da Mariña, pero faleceu pouco despois.
🔴 #AXEGAInforma dunha colisión coche-camión, que resultou cunha persoa falecida e única ocupante do turismo.
— 112Galicia (@112Galicia) September 21, 2022
Sucedeu na N642, en #Foz.
Os #BombeirosBarreiros liberaron a vítima, e tamén acudiron @guardiacivil de Tráfico, Urxencias Sanitarias, Protección Civil e GES de Cervo. pic.twitter.com/1gLymrZRyi