Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home ao caer dun andamio en Cospeito

Morre un home ao caer dun andamio en Cospeito

O falecido é Manolo Lamas, delegado do Rácing Club Vilalbés e pai de Simón Lamas, adestrador do primeiro equipo

Os sanitarios desprazados ao lugar só puideron confirmar o falecemento

G24.gal 02/10/2023 15:24 Última actualización 02/10/2023 20:20

Un home faleceu este mediodía ao caer dun andamio mentres traballaba nunha casa en Cospeito. Segundo puido saber a Televisiónde Galicia o operario estaba reparando o lousado da vivenda.

O falecido é Manolo Lamas, delegado do Rácing Club Vilalbés e pai de Simón Lamos, adestrador do primeiro equipo. 

Os feitos aconteceron na parroquia de Seixas. Ata o lugar do sinistro acudiu o persoal do servizo de urxencias sanitarias do 061 os axentes da Garda Civil pero non puideron facer nada por salvarlle a vida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade