Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home ao caerlle enriba unha árbore cando cortaba leña en Riós

Morre un home ao caerlle enriba unha árbore cando cortaba leña en Riós

Acudiu unha ambulancia de soporte vital básico con persoal sanitario que confirmou o falecemento

G24.gal 17/03/2022 18:34

Un home de 43 anos faleceu este xoves ao caerlle enriba unha árbore cando cortaba leña para uso privado, no termo municipal de Riós en Ourense, concretamente no lugar da Veiga do Seixo.

Ata o lugar dos feitos acudiron profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que incluso estudaron desprazar o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Finalmente acudiu unha ambulancia de soporte vital básico, e foi o seu persoal sanitario o que confirmou o falecemento.

O operativo completouse coa colaboración dos membros do GES da Gudiña e de voluntarios de Protección Civil da localidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade