Publicador de contidos
Publicador de contidos

Positivo en alcol o mozo de 19 anos detido tras fuxir do atropelo mortal no Pino

Positivo en alcol o mozo de 19 anos detido tras fuxir do atropelo mortal no Pino

O arrestado quedou en liberdade con cargos á espera de xuízo

Duplicou a taxa permitida para un condutor novel

O falecido, de 67 anos, ía acompañado dunha muller que quedou ferida leve

G24.gal 01/01/2024 12:45 Última actualización 01/01/2024 20:48

Un home de 67 anos faleceu este primeiro de xaneiro atropelado na localidade coruñesa do Pino por un vehículo que fuxiu.  

Segundo informaron testemuñas presenciais, o suceso ocorreu pouco antes do mediodía deste luns, cando un vehículo atropelou tanto ao home falecido como a unha muller que o acompañaba, que resultou ferida leve.

Os dous camiñaban por unha estrada local que vai desde a parroquia de Ferreiros a Dodro, nun lugar non moi lonxe da súa vivenda, segundo as primeiras informacións.

Tras o sinistro, o condutor abandonou o lugar dos feitos. O peón afectado faleceu a consecuencia do golpe, mentres que a muller foi atendida por persoal sanitario no mesmo lugar do suceso. Foi trasladada a un hospital pero o seu estado non reviste gravidade.

Pouco despois a Garda Civil, que se fixo cargo da investigación, detivo na súa casa o suposto autor do atropelo. Trátase dun mozo de 19 anos, veciño da zona, que deu positivo no test de alcolemia que lle realizaron os axentes que levan a investigación. Duplicou a taxa de alcol permitida para un condutor novel.  O estado da outra persoa ferida no sinistro non reviste gravidade.

O mozo quedou en liberdade con cargos á espera de xuízo. Podería enfrontarse á acusación de homicidio imprudente e de omisión do deber do socorro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade