Morre un home de 74 anos e outro queda ferido nun accidente de tractor en Neda
Morre un home de 74 anos e outro queda ferido nun accidente de tractor en Neda
Unha chamada de alerta advertiu dos feitos pouco antes das 14:00 horas
Un home de 74 anos faleceu este luns como consecuencia dun accidente dun tractor en Neda. Neste mesmo sinistro, outra persoa, de 43 anos, quedou ferida e foi evacuada ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, segundo informou o 061.
O sinistro tivo lugar sobre as 13:52 horas, cando a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu a alerta polo accidente do tractor.
🔴 #AXEGAInforma dun home que foi atopado falecido debaixo do tractor que manexaba no Camiño da Ponte Grande, en Neda.
— 112Galicia (@112Galicia) March 4, 2024
Os servizos de emerxencias tiveron que liberar o corpo.
Medios: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, #BombeirosFerrol, #GESMugardos, @guardiacivil e #AVPCNeda. pic.twitter.com/3nX5rpMejA
Ao lugar desprazáronse unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que atenderon as dúas persoas.