Cargando resultados...
Morre un home de 77 anos atropelado no centro de Compostela
Morre un home de 77 anos atropelado no centro de Compostela
O home faleceu no acto xusto diante do edificio do Parlamento
G24.gal
04/10/2022 17:18
Última actualización 04/10/2022 17:41
Un home de 77 anos faleceu atropelado esta tarde en Santiago de Compostela .
O suceso ocorreu ás tres e cuarto da tarde na céntrica Rúa Hórreo, no paso de peóns que hai xusto en fronte ao Parlamento de Galicia.
O servizo de urxencias sanitarias 061 desprazou ao lugar unha ambulancia, pero os sanitarios xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.
Axentes da Policía Local tomaron declaración ao condutor da furgoneta para determinar as circunstancias deste accidente.