Morre un motorista en Oia tras bater co seu vehículo contra un valado
Morre un motorista en Oia tras bater co seu vehículo contra un valado
O accidente tivo lugar este domingo pola tarde no lugar de Refoxos
Un motorista morreu este domingo pola tarde tras bater a moto que pilotaba contra un valado, en Oia, no lugar de Refoxos.
Ata o lugar desprazáronse sanitarios do 061, membros do GES da Guarda e axentes da Garda Cvivil de Tráfico. O aviso do accidente tamén o recibiron os bombeiros do Baixo Miño e de Vigo.
🔴#AXEGAInforma dun motorista falecido en #Oia. Sucedeu despois de bater contra un valado, en Refoxos.
— 112Galicia (@112Galicia) August 7, 2022
Acudiron, ademais dos profesionais do @galicia_061, os membros do GES de A Guarda e a @guardiacivil de Tráfico. Tamén foron informados os #Bombeiros de BaixoMiño e de Vigo. pic.twitter.com/y0WQk23sq9
Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Con todo, o equipo sanitario nada puido facer por salvar a vida do motorista.
Ao lugar do sinistro tamén acudiron os membros do GES da Guarda e os axentes da Garda Civil de Tráfico.Ademais, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Vigo e do Porriño.