Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un motorista de 57 anos ao bater contra un vehículo en Santa Comba

Falece un motorista de 57 anos ao bater contra un vehículo en Santa Comba

O accidente foi na AC-400 á altura do polígono de Catroventos, na parroquia de Mallón

A moto ardeu por completo A moto ardeu por completo
G24.gal 27/01/2024 16:05 Última actualización 27/01/2024 20:25

Un motorista de 57 anos, con iniciais R. C. B., faleceu esta tarde na AC-400 ao bater contra un turismo na parroquia de Mallón, no concello de Santa Comba, á altura do polígono de Catroventos. Foi ás 14:30 horas no quilómetro 59,5.

Interviñeron a Garda Civil de Tráfico, o GES de Brión e o Servizo Municipal de Protección Civil. Tamén persoal sanitario do 061, que desprazou un helicóptero medicalizado. Tras o impacto, a moto incendiouse e ardeu por completo. 

Accidente en Cerdedo-Cotobade

Outro motorista quedou ferido na estrada PO-233 á altura de Carballedo, no concello de Cerdedo-Cotobade. O sinistro ocorreu pasadas as 13:30 horas. 

Segundo algunhas testemuñas, a moto circulaba en sentido Ourense cando un coche se incorporou á vía, non puido esquivalo, bateu contra a roda dianteira e saíu despedido polo aire varios metros.

Tamén foi precisa a presenza dun helicóptero medicalizado, pero o motorista, que tiña lesións nas costelas e nunha perna, foi trasladado en ambulancia ao hospital. 

O lugar do accidente en Cerdedo-Cotobade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade