Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un motorista tras chocar cun camión na circunvalación de Lalín

Morre un motorista tras chocar cun camión na circunvalación de Lalín

O falecido, de nacionalidade francesa, circulaba pola avenida Xosé Cuíña

Ao parecer, estaba na vila para asistir ás probas do Mundial de Enduro que se celebran esta fin de semana na vila pontevedresa

Moto que pilotaba o home falecido
G24.gal 06/05/2023 11:05 Última actualización 06/05/2023 14:23

Loito na xornada deste sábado en pleno Campionato do Mundo de EnduroGP, que celebra a súa segunda xornada en Lalín.

Un home de nacionalidade francesa chocou coa súa moto contra un camión na avenida Xosé Cuíña e faleceu no acto.

Sucedeu contra as 9:30 horas deste sábado cando o motociclista, que, ao parecer, tiña previsto asistir ás probas do Mundial de Enduro, baixaba a avenida, na N-525,  cara ao lugar de concentración das motos e os vehículos estacionados no parque pechado da organización.

En principio non está prevista a suspensión da segunda xornada da proba deportiva das carreiras de Enduro que Lalín acolle por segundo ano consecutivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade