Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un mozo golpeado por unha nora no festival Boombastic en Asturias

Morre un mozo golpeado por unha nora no festival Boombastic en Asturias

O mozo de 25 anos levou un golpe na cabeza do que non se recuperou

Recinto do festival Boombastic, coa nora, en Asturias
G24.gal 20/07/2024 16:06 Última actualización 20/07/2024 21:05

Un mozo de 25 anos morreu na madrugada do domingo no festival musical Boombastic que esta fin de semana se celebra no municipio asturiano de Llanero.

O falecido é un mozo madrileño que se desprazara ata o Principado cun grupo de amigos. Levou un golpe na cabeza mentres a atracción estaba en movemento.

Aconteceu sobre as catro e media da madrugada. Tralo impacto, o mozo foi asistido polos servizos médicos, que non puideron evitar o seu falecemento.

A Garda Civil fíxose cargo da investigación para esclarecer as circunstancias nas que se produciu este tráxico accidente.

O festival Boombastic reúne desde o xoves e ata este domingo a unhas 60.000 persoas no recinto feiral da Morgal, no concello asturiano de Llanera, a pouco máis de dez quilómetros de Oviedo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar