Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un neno de 6 anos e a súa nai queda ferida grave nun incendio en Granada

Morre un neno de 6 anos e a súa nai queda ferida grave nun incendio en Granada

Os primeiros indicios apuntan a unha fuga de butano e unha posterior explosión

Vivenda afecta polo incendio en Granada (EFE Miguel Ángel Molina)
G24.gal 15/05/2023 10:03 Última actualización 15/05/2023 13:59

Un neno de seis anos morreu en Granada a causa dun incendio en que súa nai, de 47 anos, tamén quedou ferida grave. O suceso obrigou ao desaloxo de 40 veciños, que xa puideron volver ás súas casas horas despois.

Os feitos aconteceron na terceira planta dun bloque residencial do barrio de La Chana sobre as tres da madruagada por causas que están sendo investigadas. Os primeiros indicios apuntan a unha fuga de butano e unha posterior explosión dun fornelo acendido na cociña.

"Non escoitei nin a explosión. Oín o balbordo porque a miña cadela ladrou ao escoitar o balbordo dos veciños. Erguémonos e xa foi cando escoitamos "lume, lume" e saímos" conta un veciño.

O suceso provocou a morte dun neno de seis anos e a evacuación ao Hospital de Traumatoloxía de Granada da súa nai, con prognóstico grave ao quedar ferida con queimaduras en todo o corpo. Ambos son de orixe magrebí, e eran as únicas persoas que había nese momento na vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade