Cargando resultados...
Morre un operario ao caerlle unha árbore enriba cando traballaba en Curtis
Morre un operario ao caerlle unha árbore enriba cando traballaba en Curtis
O home estaba traballando no lugar de Outeiro do Pato, en Foxados
G24.gal
04/05/2023 19:47
Última actualización 04/05/2023 22:03
A Axencia Galega de Emerxencias deu conta dun operario falecido ao caerlle unha árbore enriba cando traballaba no lugar de Outeiro do Pato, en Foxados, no municipio de Curtis.
O equipo sanitario que acudiu ao punto nada puido facer para salvarlle a vida. Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos de Garda Civil, GES de Curtis e Protección Civil.
🔴 #AXEGAInforma dun operario falecido tras caerlle unha árbore enriba cando traballaba no lugar de Outeiro do Pato, en Foxados, #Curtis.
— 112Galicia (@112Galicia) May 4, 2023
O equipo sanitario que acudiu ao punto nada puido facer para salvarlle a vida.
➕ℹ️👉 https://t.co/UmjrfVJoro pic.twitter.com/ZdkbzyV7nw