Morre un traballador de Navantia ao caerlle enriba unha peza metálica
Morre un traballador de Navantia ao caerlle enriba unha peza metálica
Os servizos sanitarios que se desprazaron á factoría non puideron facer nada por salvarlle a vida
Un operario da factoría Navantia, situada no concello de Fene, morreu este sábado ao sufrir un accidente laboral. Segundo a Policía Local, faleceu ao caerlle enriba unha peza metálica.
Ocorreu sobre as 13:00 horas e os servizos sanitarios que se desprazaron ata o lugar non puideron facer nada por salvarlle a vida.
A empresa, que conta con medios propios para situacións de emerxencia, non requiriu de equipos de excarceración externos.
🔴 #AXEGAInforma dun operario que resultou falecido tras sufrir un accidente mentres traballaba nunha factoría situada en #Fene.
— 112Galicia (@112Galicia) May 20, 2023
Foron informados a Policía Local e #ProtecciónCivilFene.
➕ℹ️👉 https://t.co/HU6tuUSi4p pic.twitter.com/t60ebHQ38D