Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un traballador en Ponteceso ao caerlle enriba un muro de pedra

Morre un traballador en Ponteceso ao caerlle enriba un muro de pedra

O accidente laboral produciuse no lugar de Anllóns de Arriba, na parroquia de Anllóns

Imaxe de arquivo
G24.gal 03/05/2024 13:33 Última actualización 03/05/2024 21:27

Un traballador de 47 anos, veciño de Cabaña de Bergantiños, faleceu este venres en Ponteceso ao caerlle enriba un muro de pedra.

Segundo informou o servizo de emerxencias 112 Galicia, o accidente laboral produciuse no lugar de Anllóns de Arriba, na parroquia de Anllóns, por causas que polo momento se descoñecen.

Foi un veciño quen deu a voz de alarma, contra ás 12:30, indicando que o home estaba atrapado baixo as pedras. Na propia comunicación co 112 advertía de que se trataba dun muro de obra dunha casa.

Ao chegar ao lugar do suceso, o equipo da ambulancia e o médico de atención primaria confirmaron o falecemento do operario.

Efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ponteceso foron os encargados de liberar o corpo do falecido.

A Garda Civil fíxose cargo da investigación para tratar de esclarecer as circunstancias en que se produciu este accidente que eleva a 14 a cifra de falecementos en accidente laboral en Galicia no que vai de ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade