Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha motorista en Vigo ao bater contra un coche

Morre unha motorista en Vigo ao bater contra un coche

O sinistro produciuse nunha recta da avenida de Camposancos, en Coruxo

G24.gal 13/07/2023 10:14 Última actualización 13/07/2023 18:58

Unha motorista faleceu este xoves á mañá na estrada de Camposancos, en Vigo.  

Ocorreu minutos antes das 9:00. A condutora da motocicleta bateu contra un coche nunha recta próxima ao pavillón deportivo das Roteas, en Coruxo. Varias chamadas avisaron aos servizos de urxencias do accidente que acababa de ocorrer e de que a muller estaba tendida no asfalto inconsciente.

Ata o lugar do sinistro desprazouse unha ambulancia medicalizada, pero a motociclista xa falecera e alí mesmo se certificou a súa morte.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade