Morre unha muller de 33 anos, que viaxaba coa nai e co fillo, nun accidente en Oia
Morre unha muller de 33 anos, que viaxaba coa nai e co fillo, nun accidente en Oia
O vehículo bateu contra un noiro e a vítima quedou atrapada
Os outros dous ocupantes sufriron feridas de diversa consideración
Unha muller de 33 anos faleceu no concello de Oia tras bater contra un pequeno noiro o coche no que viaxaba de copiloto. Conducía a súa nai e detrás viaxaba o seu fillo, de curta idade.
Ocorreu pasadas as 13:00 horas na estrada PO-354 ao seu paso pola parroquia de Lourenzá. O turismo saíu da vía no quilómetro 8 e a vítima quedou atrapada no interior.
A muller morreu tras ser liberada polos bombeiros. O persoal sanitario atendeu o menor no lugar dos feitos e a condutora foi trasladada en helicóptero ao hospital Álvaro Cunqueiro.
A estrada xa recuperou a normalidade tras permanecer cortada para facilitar o operativo de emerxencias.