Morre unha muller en Outes atropelada por un coche
Morre unha muller en Outes atropelada por un coche
Trátase do segundo atropelo mortal deste martes, logo do ocorrido esta madrugada no barrio compostelán de Conxo
Unha muller faleceu este martes a ser alcanzada por un coche no Freixo, no concello coruñés de Outes. o accidente produciuse ás 12.00 horas no quilómetro 58 da estrada que une Noia e Muros.
#AXEGAInforma dun segundo atropelo mortal no que vai de día. Ocorreu en #Outes.
— 112Galicia (@112Galicia) October 3, 2023
Unha muller faleceu tras ser alcanzada por un coche no #Freixo.
Medios: Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou unha dotación en helicóptero, @guardiacivil de Tráfico, GES Noia, Protección Civil pic.twitter.com/cSd6d2DAyy
Segundo informa o 112 Galicia, mobilizouse un helicóptero para atender a vítima do atropelo, amais doutros equipos de urxencias, pero a muller faleceu debido á gravidade do seu estado.
Este atropelo é o segundo co resultado de morte que se produce este martes en estradas de Galicia, logo do ocorrido esta madrugada no barrio compostelán de Conxo, onde faleceu un home de 59 anos, e polo que foron detidas dúas persoas.