Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha muller de 33 anos nun accidente en Celanova

Morre unha muller de 33 anos nun accidente en Celanova

O coche saíu da vía e bateu contra a caseta dos contadores da luz

Os veciños alertan do perigo dese treito da OU-540

G24.gal 20/10/2023 18:21 Última actualización 20/10/2023 20:04

Pasaba uns minutos das tres da tarde cando o 112 recibiu o aviso dun particular. A condutora e única ocupante dun turismo accidentado estaba gravemente ferida.

Xosé Luís Rodríguez Álvarez, sarxento dos Bombeiros de Celanova: "Aínda lle fixeron a reanimación, unha RCP, ata que viñeron os médicos que foron os que decretaron o falecemento".

A vítima é unha muller de 33 anos, veciña de Barbadás. Circulaba en dirección Celanova, pero saíuse da vía nunha curva. Bateu contra unha caseta de bloques dos contadores da luz.

Juan Carlos Nogueiras Iglesias, tenente xefe do Destacamento de Tráfico de Ourense: "Á saída dunha curva, por circunstancias que Atestados está investigando, a condutora perdeu o control, cruzou o vehículo e impactou polo costado esquerdo contra o contador da luz".

Segundo confirmou a Garda Civil, a moza levaba posto o cinto de seguridade, e unha testemuña asegura que non circulaba a unha velocidade excesiva.

Treito conflitivo

Trátase, segundo advirten os veciños da zona, dun treito conflitivo da OU 540. Hai unha sucesión de curvas onde a velocidade está limitada a 90 quilómetros por hora e, segundo os veciños, é unha velocidade excesiva. Hai accidentes cada pouco tempo, iso si, con consecuencias afortunadamente menos dramáticas que o de hoxe".

"Aquí hai accidentes case a diario. Dúas curvas máis abaixo, é terrible. Aínda o outro día, houbo tres accidentes nesa mesma curva", asegura un veciño.

Cando faltan dous meses para que remate o ano, as estradas ourensás xa levaron 17 vidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade