Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha muller nun desprendemento de terra sobre o coche en que viaxaba en Asturias

Morre unha muller nun desprendemento de terra sobre o coche en que viaxaba en Asturias

Dos outros catro ocupantes do turismo, un quedou ferido

G24.gal 28/11/2021 13:09 Última actualización 20:30

Unha muller faleceu e outra persoa feriuse tras un desprendemento de terra sobre o coche en que viaxaban 5 persoas en Asturias.

O ferido de 62 anos presentaba prognóstico reservado cando ingresou no hospital. O turismo circulaba por unha estrada nas proximidades de Soto de la Barca, no concello de Tineo.

Ante a cantidade de terra e pedras que caeron sobre a vía a causa do desprendemento,  a estrada quedou cortada e o tráfico desviouse por outras localidades.

 Ata o lugar desprazáronse servizos de auxilio alertados polo 112 e os Bombeiros do Principado que excarceraron o cadáver da muller do coche en que quedou atrapada. Os bombeiros revisaron o leito do río próximo para verificar que non houbo máis persoas implicadas no accidente.

Catro dos ocupantes do turismo saíron del polos seus propios medios.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade